jueves, 29 de septiembre de 2011

A visita de Bea



¡Ola! Chámome Laura e quérovos falar da visita de Beatriz, a miña nai, que estivo na “Hora de ler”, o día 26 de setembro do 2011. Ela escolleu un conto de Editoriais Xerais de Galicia, da escritora Fina Casalderrey, titulado “Chamizo”.
Comenzou por lernos o epílogo. Nel, Fina conta que é escritora de contos infantís, e relata historias que lle pasaban cando ela era pequena.




Deste conto Beatriz leunos dous capitulos. O conto trata dunha nena, chamada Martina, á que lle gustan moito os animais. Gustaríalle ter un gatiño, pero a súa nai dille que non pode ser porque viven nun piso.
Logo falounos do Alhzeimer, que é unha enfermidade do cerebro facendo que as persoas perdan os recordos. A continuación leunos un poema escrito por ela, adicado as persoas que teñen esa enfermidade:



Non lembro se medróu a lúa,
nin os nomes dos méus páis,
pero gústanme as túas caricias
e o calor das túas mans.

Se me perdo no camiño
non sei cómo voltar;
auga de ida sen volta,
río que acaba no mar.

Non lembro o teu retrato,
é un extraño o meu irmán,
non sei si rin contigo
ou me fixeches chorar.

Poemas de amor escribín,
volvoretas en min a voar,
follas en branco hai agora,
auga que escapa das máns.




Xa non sei o que sentín,
teño a mirada perdida;
paxariños que voaron
levándose a miña vida.

Ónde foron as verbas,
as caras, os sorrisos?
e por qué de súpeto
xa non lembro os teus bicos?

Tempo que me fas olvidar,
tempo pasado, perdido,
eu sei que ei de marchar,
pero esquecín o camiño.



Bea Fernández

lunes, 26 de septiembre de 2011

Que podemos facer polo planeta??

Estas son as nosas propostas:
  • Reciclar 
  • Apagar as luces cando é de día aproveitando a luz solar
  • Ir andando, utilizar a bici ou usar transporte público en lugar do coche particular
  • Diminuír o nivel de dióxido de carbono que producen as fábricas
  • Desconectar os aparellos que non estamos utilizando
  • Reutilizar as bolsas plásticas
  • Utilizar bombillas de baixo consumo
  • Regar coa auga da chuvia que acumulamos 
  • Non malgastar o papel, reutilizalo
  • Non gastar auga innecesaria
  • Construír coches ecolóxicos
  • Acender a calefacción só cando a necesitemos e a temperatura moderada
  • Evitar facer moitas fogueiras
  • As persoas que teñan finca, facer abono cos restos orgánicos
  • Aproveitar a enerxía do sol instalando placas solares
  • Non tirar os electrodomésticos ó lixo, levalos a un punto  limpo
  • Reciclar as pilas, son moi contaminantes
  • Non tirar lixo nos espazos naturais
  • Non consumir excesivamente
  • Non consumir comida industrial para evitar o envasado plástico
  • Recilar o aceite usado
Se queredes ver o tempo que tarda en degradarse o lixo que tiramos ó medioambiente, fai clik nesta imaxe:


Unha canción coa que nos agasallou Nadia relacionada con este tema:

miércoles, 21 de septiembre de 2011

LUíS COA SúA METEOROLOXÍA

Hola a tod@s, quería contarvos algo que me gustou moito. ¿Acordádesvos de que antes, no cole, había un profe que se chamaba Luís ? Bueno, pois viu á nosa clase a falarnos da meteoroloxía.
Falounos dela en primeiro lugar, en segundo lugar falounos da atmosfera, de terceiro, do tempo atmosférico; de cuarto, esxplicounos o ciclo da auga; e por último, da presión atmosférica. Bueno para non liarnos, imos seguir un orde. Agora falamos da meteoroloxía ¿De acordo?

1 Meteoroloxía: Aquí falounos das precipitacións en Cangas. Díxonos que o 26 ou o 27 de Febreiro do 2010, viu un temporal moi forte . Ensinounos a súa páxina web: http://www.morrazo.org/meteo.

2 ATMOSFERA: De este apartado aprendín que a atmosfera ten cinco capas , e nós estamos na de abaixo de todo, que é a Troposfera. Falounos da capa de ozono, comentounos que nos protexe da radiacción solar, e tamén algo moi importante, mantén a temperatura do planeta. Comentounos que os gases que expulsamos nós, as plantas, os coches, os avións... Contaminan moito a atmosfera.

3 TEMPO ATMOSFÉRICO: De aquí ensinounos que non nos pode faltar o "mal tempo" se non estaría todo seco e todos morreriamos de sede. Tamén nos explicou a diferencia entre clima e tempo atmosférico. O tempo atmosférico son as circunstancias meteorolóxicas que se toman nun curto período de tempo (4,5 ou 7 días), en cambio o clima son as circunstancias meteorolóxicas que se toman nun longo periodo de tempo (1 ou varios anos).

4 CICLO DA AUGA: No ciclo da auga aprendín que cando chove, a auga cae na terra e nos océanos. Esta auga é evaporada polo sol e de ahí pasa ás nubes. E asícontinuamente, dando lugar ó ciclo da auga. Por outra banda, a terra absorve a auga e de ahí vai para os pozos.

5 PRESIÓN ATMOSFÉRICA: De aquí nos ensinou a interpretar os mapas do tempo. Díxonos que eran as isobaras (que o que fan é marcar a zona que ten = presión). Tamén nos dixo que os mb (milibares) mídense co barómetro ou co altímetro.

¿Aprendéstedes algo con isto ? Eu espero que aprendérades e que vos gustara moito. Moitos bicos a tod@s.

lunes, 12 de septiembre de 2011

El 11-S.



El 11-S es el día en el que mediante un atentado terrorista suicida se destruyeron las torres gemelas el 11 de septiembre de 2001. Tres mil personas murieron y seis mil resultaron heridas, por suerte casi 16.000 personas que estaban cerca durante el derrumbe sobrevivieron.

En Manhattan, aparte de las dos torres gemelas,  25 edificios sufrieron daños y siete edificios del complejo de negocios del World Trade Center fueron arrasados. También  una parte del Pentágono fue severamente dañada por el impacto de un avión. En los días siguientes al ataque, se realizaron varios homenajes alrededor del mundo.



Si habéis visto las noticias, todos los 11 de septiembre desde 2001 le dedican algo de tiempo al atentado.

Quería hacer esta entrada porque me pareció algo relevante para el mundo. Esta idea me la ha dado un amigo mío de clase que se llama Manel, y le quería dar las gracias por darme un tema que tratar en esta entrada.
¡GRACIAS MANEL Y GRACIAS TAMBIÉN A TODOS LOS LECTORES Y LECTORAS QUE LEYERON ESTA ENTRADA!

Jacob

As novas normas do blog.

1. Haberá quendas para facer entradas por orde de lista.

2. A participación no blog influirá na nota.

3. Se alguén non ten preparada a entrada o mércores como moi tarde, pasa ó

seguinte da lista.

4. As entradas deben ter achegas persoais, non só copiar e pegar.

5. Antes de publicar, ler a entrada varias veces e lerlla a alguén para ver se se

entende, buscar todas as palabras no dicionario.

6. O mércores melloraremos a entrada entre todos e todas na clase.

7. As entradas que teñen caducidade (excursións, espectáculos...) farémolas entre todos e todas.

8. Haberá a posibilidade de facer entradas fóra das quendas pero deberán pasar

polo consenso de todo o grupo-clase.

Estas normas fixémolas porque non estabamos todo o a gusto que queriamos coas anteriores.

Elaborámolas o 12 de setembro entre todos e todas coas ideas que tiñamos, se a idea que alguén propoñía nos parecía ben a usabamos e se nos parecía que podía mellorarse intentabamos mellorala, porque todos xuntos sempre podemos.

domingo, 11 de septiembre de 2011

"O Blog abandonado"

Erase unha vez, uns alumnos do colexio "A Rúa", eles tiñan un blog moi interesante. Un día, a súa profe Ana puxo unha norma no blog, a norma era que os nenos tiñan que facer a entrada por orden de lista, o que lle tocara o turno tiña unha semana para facer unha entrada no blog. Para saber que tipo de entrada tiña que facer, os compañeiros daban propostas e el ou ela tiña que escoller unha. A nova norma iba moi ben ata que chegou o día desastroso para o blog, ese día era o...¡¡¡ O comenzo das vacacións de verán!!!

Cando empezaron as vacacións ninguén participaba no blog, ninguén entraba no blog, nin se acordaban del; o blog puxose moi triste, e estaba a piques de enfermar da tristeza. Faltaba un día para que empezara o cole. Se ninguen entraba no blog antes, cando o próximo día chegaran a escola e abriran o blog para facer unha entrada, íanse atopar con que o blog xá non existía. O blog estaba morto porque ninguén o mirou nin o comentou en todo o verán.

Pola tarde do último día das vacacións, Xian, un dos alumnos (eu, jajaja!) entrou no blog, e este púxose un pouco mellor. Despois comentou, e o blog púxose un pouquiño mellor que antes. De seguido entrou Cris (unha alumna) e comentou, logo Ana(a profe) entrou e comentou. Entón o blog púxose de marabilla, listo para que lle fixeran unha entrada (esa entrada e a que estou eu facendo agora) e o blog salvouse, e os alumnos que pasan maña para sexto poderano seguir gozando.

Fin

Xian.

Comentario:
Esta entrada fíxena para que comentedes e traballedes no blog nas vacacións, que Ana deu permiso!!! saúdos Xián.=)