jueves, 31 de marzo de 2011

Excursión a Meiro para coñecer o millo corvo

O xoves, 17 de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha excursión a Meiro para coñecer o millo corvo.
O primeiro que fixemos ó chegar foi subirnos a un canastro no que había millo colgado (tiñamos que subir por grupos de 5 ou 6).
Mentres non nos tocaba subir, unha señora ensinounos un palleiro e outros usos da palla; alí había unha cesta chea de carozos de millo e podiamos coller.
Despois fomos botar os carozos de millo que recollemos nun forno para facer pan.
Logo andivemos ata un muíño e vimos moer os grans que se convertían en fariña; ó sair merendamos.
No camiño de volta, paramos a beber nunha fonte. Pouco despois chegamos ao forno e xa estaba o pan listo para comer, quentiño e riquísimo!!!

Nerea, 5º de Primaria

Deixámosvos unhas fotos que ilustran o ben que o pasamos!!! :-)


viernes, 18 de marzo de 2011

Entroido 2011

O ENTROIDO

No entroido fixemos disfraces , colares e cancións. Disfrazámonos de caramelo e tamén fixemos a canción de "Zapatillas", só que a letra inventámola nós. De caramelo non só fomos os de 5º senón tamén os de 6º.

PARA FACER O DISFRACE:

1º paso:
Cada un de nós elixiu unha bolsa plástica dunha das seguintes cores: vermello , laranxa , amarelo , azul e verde. 
Logo debuxamos 6 amorodos, 6 laranxas, 6 limóns, 6 mazás e 6 piñas para adornar o disfrace. Recortámolas e pegámolas na bolsa. 

2º paso:

Logo cosemos os disfraces , cada fío era da cor da bolsa plástica.  
3º paso:
Tamén fixemos uns caramelos en plástico e pegámolos nun fío para facer un colar.


PARA FACER A COPLA:

1º paso:

Por votación eliximos a canción.

2º paso:

Nas clases de música, inventamos a letra en galego, facendo unha crítica ó colexio e os profesores/as.

PARA FACER CONFETI:

1º paso:

Collimos unha revista para cada grupo. Rompémolas en anacos pequenos para logo tiralos pola rúa.

CANDO SAÍMOS Á RÚA:


Sair pola Pedreira cantando cada ciclo a súa copla e tirando confeti polo chan e  algúns ás profes.

CANDO VOLTAMOS Ó COLE:


Fomos directamente ao campo de futbol para cantar as coplas. Despois queimamos o meco e subimos a  clase a esperar que tocase o timbre.



FIN
Tomás